Hoxe martes 17 de novembro comezamos coa vista de ollos que Damián Cortés lle dá diariamente ás novas máis destacadas do día.
Falamos con Xoán Carlos García Porral da matanza para descubrir o significado desta tradición, como se organizaba a vida á volta dela, que papel desempeñaba na identidade das nosas aldeas e que fica de todo isto na sociedade actual.
No Fío condutor de Kim Llovet hoxe falamos de consumo, nomeadamente dos ficheiros de listas de morosos e da Lei de segunda oportunidade.
E como non na recta final do programa puxemos en marcha a nosa «Operación Cocido» que ainda nos quedan cocidos que saborear grazas a Taberna O Quinteiro.
Se queres escoitar todo isto entra e dálle ao play. É de balde!
