RadioEstrada

É de mañá con Neves Rodríguez

Hoxe no É de mañá adamos axitadas pero non revoltas para iso xa está Eli Rey que chega coma todos os xoves cos petos inzados de curiosidades. Desta volta sobre o Entroido.
Aitor Chorén máis Belen Guzmán faláronnos dos Entroidos que se van celebrar nas súas parroquias: en Angrois, Santiago de Compostela e en Merza, Viladecruces cada un coas súas características aínda que a figura que os atravesa son os Xenerais da Ulla.

Fixemos parada en Lalín e conversamos coa súa concelleira de cultura e turismo, Begoña Blanco xa que este domingo 8 celébrase na capital do Deza a edición número 58 da Feira do Cocido.
E coma hoxe é o Día Mundial do Home do Tempo falamos con Juan Taboada, metereólogo e Coordinador Técnico de Meteogalicia para poñerlle faciana ás persoas que día tras día traballan para facer da nosa unha sociedade máis segura ante as adversidades climáticas.


https://www.ivoox.com/e-mana-neves-rodriguez_mf_167884458_feed_1.mp3

Scroll al inicio