Chegamos a este venres 6 de novembro cunha celebración moi especial o XXX aniversario da Coral Polifónica Estradense. Falamos con Xabier Comesaña diretor da formación quen deu unha vista de ollos a 30 anos de vida desta formación. Tamén adiantou algo do que imos escoitar este sábado dia 7 a partir das 20:30 nese concerto de conmemoración. A entrada xa sabedes é de balde, no Teatro Principal.
Coma todos os venres petou á porta Neves Soutelo que trouxo unha recomendación marabillosa. Un ensaio titulado «La teoría de la bolsa de la ficción» da autora estadounidense Úrsula K. Le Guin.
E botamos áncora no Concello de Teo. Alí a súa alcaldesa Lucía Calvo de la Uz falou do San Martiño, da súa feira cabalar con máis de 500 anos ás súas costas e púxonos ao día da actualidade municipal.
E por suposto tivemos, aínda tempo, para o noso concurso «Operación Cocido» no que sorteamos, por xentileza da taberna «O Quinteiro» un saboroso cocido cada semana e durante todo o mes de santos.
Se queres saber máis, xa sabes…entra e dálle ao play. É de balde!
