Hoxe mércores 4 de novembro de 2026 adiantamos as novas máis destacadas da xornada, coma todos os días, con Damián Cortés.
Tivemos unha parolada moi bonita con Leti da Taberna quen estará este venres no Teatro Principal da Estrada a partir das 20:30 co seu espectáculo «Enredadas» que desde a ironía e o feminismo traerá a tona a realidade das Redes Sociais. Non perdades a oportunidade de escoitala por que …que ben fala esta rapaza!
Recuperamos quincenalmente o «Pimballada Pop» de Manuel Barreiro o espazo que fala de filmes, series e banda deseñada. Hoxe foi inevitable falar de «La Bola Negra», «El ser querido» e «Los Domingos», filmes que, por certo, puidemos gozar nos Cines da Estrada. E tamén recomendou unha serie: «El Castillo» producida por Movistar e que fala do auxe do negocio dos proxenetas nos anos 80 – 90 amosando a súa crúa realidade e como a garda civil comeza a investigar e poñerlle freo a esta situación. Moi ben valorada polo noso colaborador destacando a interpretación de Raúl Arevalo.
E fixemos o noso primeiro sorteo do cocido que agasalla durante este mes de novembro o restaurante O Quinteiro. Se hoxe non houbo sorte non vos preocupedes que todos os mércores deste mes sortearemos un para dúas personas.
Se queres escoitar entra e dálle ao play. É de balde!!
