Neste xoves 29 de outubro Juan Ruibal visitou os nosos estudios para falar do cartel da XI edición do festival Música na Lareira que terá lugar o 14 de novembro no Teatro Pricipal da Estrada a partir das 19:00. Un cartel internacional e propio que fará as delicias dos amantes da música, nomeadamente, do acordeón.
Recibimos con moita alegria a volta de Ricardo Terceiro que regresa cos seus Relatos Urbanos; hoxe falamos da Rúa Calvo Sotelo e dos establecementos que desapareceron do espacio físico pero non da nosa memoria.
E fixemos un repaso polas actividades organizadas polas parroquias de Sabucedo, Loimil, Arca e Cereixo para celebrar o Samaín.
Se queres escoitar máis dálle ao play. É de balde!
