O É de mañá está de volta despois das vacacións e hoxe martes Damián Cortes deu unha vista de ollos á actualidade máis achegada e á máis xeral, conversamos con Juán Liñares experto no coidado de bonsais e formador con anos de experiencia que o sabado 31 de agosto impartirá un obradoiro na Casa Escola de Baloira, sede da asociación Bonsais da Estrada e falamos con Kim Llovet quen nos explicou que todos os martes estará con nós uns minutos para traer á tona temas relacionados con consumo, igualdade, saúde e asociacionismo. Cada martes do mes estará adicado a un destes apartados.
Tamén demos unha pincelada das orixes do Samaín e resaltamos as diferencias máis evidentes entre a nosa celebración e a que ven de fóra: o Halloween.
E rematamos collendo o Delorean para pór no foco unha serie de efemérides, noticias e feitos salientables que tiveron repercusión, dunha ou doutra maneira, na nosa vida e na sociedade en xeral.
Se queres saber máis dalle ao play. É de balde!!!
