Hoxe luns 20 de abril falamos do Servizo de atención ao cliente nas empresas con Ana Cores, ainda deixamos cousas atrás así que o vindeiro luns seguimos con este tema!.
Falamos de fotografía con Tono Arias que dende hai moitos anos ten na Estrada «Dispara» un lugar de encontro para os que somos amantes desta arte.
Botamos áncora en Cuntis e alí Manuel de Roque o técnico de turismo, contounos que se vai facer á volta do Día do Libro. Tamén nos convidou para que o domingo 26 nos acheguemos con él para facer unha andaina reconfortante á beira do río Gallo.
E puxemos o ramo a esta mañá falando con Sonia e Laura da labor tan importante que se fai desde AGADEA no centro de día da Estrada cos nosos maiores.
Dalle o Play que ademais é de balde!!
