RadioEstrada

É de mañá con Neves Rodríguez

Hoxe venres 17 de abril, adiantamos a axenda deportiva da Estrada da fin de semana.
Parolamos con Benxa Otero sobre a sua nomeación aos Premios da Música xunto a Germán Díaz.
Fernando Cabeza Quiles na sección «Toponimia da Estrada» falou hoxe de Santa Mariña de Agar e dos seus lugares. Quedaron algúns por debullar pero dentro de 15 días saciaremos a nosa curiosidade.
E para poñer o ramo a este venres Neves Soutelo chegou con recomendacións saborosas, recitou uns versos preciosos e demos lectura a dúas cartas máis que nos chegaron. Unha dende Vedra e outra dende Cuntís. Queres saber o que nos contaban? Dalle ao Play.


https://www.ivoox.com/e-mana-neves-rodriguez_mf_172087474_feed_1.mp3

Scroll al inicio