Hoxe venres 10 de abril Bilba adiantou a actividade deportiva desta fin de semana e falou do gran evento motociclista que vai ter lugar desde esta fin de semana na Estrada, e que se vai alongar durante toda a semana que ven, coa proba puntuable para o Campionato de Europa de Rallye Raid de Orientación.
Manuel Varela, xerente de Varela Motor na Estrada e en Lalín deunos máis razóns para achegarnos dende hoxe e ata domingo ao recinto feiral e de exposicións da Estrada para gozar do X Salón de Vehículos de Ocasión en horario de 11:00 da mañá ata ás 20:00 da tarde en horario ininterrumpido e coa entrada de balde.
Manuel Barreiro chegou coma cada quince días cos petos inzados de Quincallada Pop, filmes, series e Banda Deseñada, desta volta falou dun documental sobre a figura de Eloy de la Iglesia, de Valor Sentimental a película dirixida por Joachim Trier e que foi gañadora do Oscar á mellor fita internacional e de The Hack unha serie británica na que se trae a tona un caso real de escoitas ilegais por parte dun tabloide británico. No apartado de BD falou, e moi ben, de «Severina» a última obra de Inés Vázquez.
E coma é venres, Neves Soutelo puxo o ramo a estas dúas horas de radio con dúas recomendacións saborosas e interesantes: por un lado «Dipnoi» de María Canosa, unha novela moi xeracional e por outro «O bosque dos raposos aforcados» de Arto Paasilinna, que según Neves é hipnótico, esperpéntico e entrañable.
