No programa de hoxe, martes 31 de marzo, falamos con Verónica Barros, a nosa psicóloga e desmontamos mitos, prexuizos e medos á hora de tomar a decisión de acudir a un profesional da psicoloxía para coidar a nosa mente.
Con Mari da Casa do pan falamos das tradicións de regalar roscas aos afillados e afilladas pola Pascua, como foron evolucionando esas tradicións e da actividade nestes días deste establecemento. Non fomos quen de sacarlle a Mari a súa receita das roscas…Ains!
No noso «Ruralmente» falamos con Carlos Mosquera quen decidiu revitalizar o rural producindo aceite de oliva de primeirísima calidade. Un dos seus soños? Que os máis pequechos coñezan de primeira man o proceso de produción do ouro líquido. Unha conversa ben bonita.
E puxemos o ramo ao programa falando con Oswaldo Mouriño presidente da Confraría da Santa Cruz da Estrada quen nos adiantou os actos relixiosos que para toda a comunidade van ter lugar no concello.
