RadioEstrada

É de mañá con Neves Rodríguez

No É de mañá deste xoves 12 de febreiro comezamos falando con Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada, quen deu conta á veciñanza das incidencias no concello por mor das inclemencias meteorolóxicas, adiantou as intervencións e as medidas que se están a levar a cabo e mais tranquilizou e pediu paciencia aos veciños por que o tempo está a impedir a rapidez nas actuacións.
Falamos con Javier de la Iglesia e parolamos á volta do regalo máis reclamado no día dos namorados: as flores.
Entroidamos e abarloamos a nosa dorna , desta volta, en Fonte Díaz, Touro e no Eixo en Santiago de Compostela.
E como cada xoves Eli Rey chegou cos petos inzados de curiosidades. Falamos de onde ven a tradición do San Valentín, e contounos de onde ven o da «media laranxa»…que cousa tan linda! Ah e se todo isto non fose suficinte Eli comezou a súa sección recitando un poema de amor adicado a toda a audiencia de Radio Estrada.


https://www.ivoox.com/e-mana-neves-rodriguez_mf_168301702_feed_1.mp3

Scroll al inicio