RadioEstrada

Cuntis pon en marcha a construción das novas piscinas municipais descubertas e dun edificio polivalente cun investimento de máis de 650.000 euros.

Cuntis dá un paso adiante cun proxecto moi esperado: a creación das novas Piscinas Municipais Descubertas e dun Edificio Polivalente. O alcalde, Manuel Campos, e a tenente de alcalde, Conchy Campos, acudiron hoxe á sinatura do convenio que impulsa esta actuación estratéxica.

As actuais piscinas, construídas no ano 1986, están nun estado moi deficiente e, ademais, deberán ser trasladadas por mandato xudicial ao estar en terreos que non son municipais. A nova instalación levantarase nunha parcela propiedade do Concello, garantindo un servizo moderno e máis sostible no seu mantemento.

O investimento total ascende a 652.762,94 euros, dos que a Deputación de Pontevedra achega 500.000 euros, é dicir, o 76,6%. O Concello completará o financiamento con 152.762,94 euros, a través do programa +Provincia.

O alcalde destacou que se trata dunha infraestrutura chamada a resolver “un problema herdado” e que contribuirá a modernizar os servizos municipais e a fixar poboación, beneficiando tamén aos concellos da contorna.

Scroll al inicio