Imaxe e información de meteogalicia.gal
🔴 URXENTE | AVISO VERMELLO POR CHOIVAS EN GALICIA
A Comisión Escolar de Alertas da Xunta de Galicia, tras a reunión celebrada este 25 de xaneiro, acordou medidas excepcionais debido á activación da ALERTA VERMELLA por choivas acumuladas, con previsións que superan os 150 mm en 12 horas.
📅 Data: Luns, 26 de xaneiro de 2026
📚 CLASES E TRANSPORTE ESCOLAR
👉 Quedan suspendidas as clases e o transporte escolar durante toda a xornada no interior da provincia de Pontevedra, no que se inclúen concellos como:
A Estrada, Cuntis, Lalín, Silleda, Forcarei, Dozón, Vila de Cruces, A Lama, Cerdedo-Cotobade, Agolada, Rodeiro, Campo Lameiro, Moraña, Fornelos de Montes, Covelo e A Cañiza, entre outros.
⚽ ACTIVIDADE DEPORTIVA
🚫 Suspéndese toda a actividade deportiva, tanto federada como do programa Xogade, entre as 08:00 e as 24:00 horas.
⚠️ RECOMENDACIÓNS Á VECIÑANZA
▪️ Evitar saír da casa se non é estritamente necesario
▪️ Non achegarse a ríos, regatos nin zonas inundables
▪️ Extremar a precaución nos desprazamentos inevitables
▪️ Seguir en todo momento os avisos oficiais
📞 Emerxencias: 112
Desde Radio Estrada agradecemos a difusión desta información para garantir que familias, centros educativos e clubs deportivos estean debidamente informados.
