RadioEstrada

A Xunta inicia as obras do último treito da AG-59 mentres o PSOE critica un acto “innecesario” e esixe máis compromisos coa Estrada

🔊 As declaracións completas, tanto do goberno como da oposición, poden escoitarse no noso informativo “Actualidade Mediodía”.

A Xunta de Galicia deu esta mañá no Rollo o pistoletazo de saída ás obras do último treito da autovía AG-59 cara a Santiago de Compostela. No acto participaron a alcaldesa de Teo, Lucía Calvo; o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao; e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue. En Actualidade Mediodía puideron escoitar todas as declaracións.


O investimento previsto para este tramo é de 31 millóns de euros —67 millóns no conxunto do proxecto— e inclúe a creación de 9 novas infraestruturas. O prazo de execución ascende a 36 meses, polo que a finalización se agarda para o outono de 2028. Lucía Calvo e Gonzalo Louzao salientaron o valor estratéxico da futura conexión, que deixará a Estrada a só 10 minutos de Santiago, e coincidieron en presentar a AG-59 como unha oportunidade clave para a comarca.

Pola súa banda, o grupo municipal socialista da Estrada criticou con dureza o acto, que cualifica de “innecesario” e orientado a “vanagloriar” ao goberno autonómico. O PSOE lembra que a Xunta “leva 20 anos esquecendo á Estrada” e reclama que se aceleren as obras pendentes e se cumpran os prazos comprometidos.

Na imaxe, Lucía Calvo, Gonzalo Louzao e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue

Scroll al inicio