RadioEstrada

A Sede Electrónica da Estrada estará inoperativa do 5 ao 7 de decembro por labores de mantemento no centro de datos da empresa esPublico Tecnoloxía.


O Concello da Estrada anuncia que a Sede Electrónica permanecerá fóra de servizo durante esa fin de semana, entre o venres 5 de decembro ás dez da noite e o domingo 7 de decembro tamén ás dez da noite.
O motivo é unha intervención técnica programada pola empresa proveedora, esPublico Tecnoloxía, que renovará os equipos principais do Centro de Procesamento de Datos. Durante este tempo non se poderán presentar escritos nin facer trámites electrónicos, polo que se recomenda á veciñanza adiantar ou pospoñer calquera xestión urxente.


O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Manuel Magariños, destacou que estas tarefas suporán unha mellora na velocidade, seguridade e fiabilidade dos servizos dixitais municipais, e que o pequeno inconveniente puntual redundará nun beneficio xeral.

Scroll al inicio