Os concellos de A Estrada, Teo, Vedra e Boqueixón únense para poñer en marcha o proxecto “Ulla Navegable”, co obxectivo de aproveitar o tramo medio do río Ulla e impulsar actividades náuticas e deportivas que reactiven o turismo e o ocio na zona.
Escoita a Gonzalo Louzao <- no noso informativo.
Os alcaldes mantiveron unha reunión coa directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, que amosou boa disposición e pediu aos concellos que concreten detalles técnicos e orzamentarios.
O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, destacou que esta iniciativa permitiría crear unha oferta estable de deportes acuáticos como kayak, paddle surf ou rafting, e combinar o turismo de aventura coa gastronomía, a natureza e o patrimonio local, xerando novas oportunidades económicas para o territorio.
