Hoxe 25 de Novembro é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres e no É de mañá queremos mirar alén das cifras dos casos de violencia machista por que esta violencia ven de lonxe, ten raíces historicas e para achegarnos a esta realidade e contextualizar esta lacra falamos con Montse Fajardo, xornalista e escritora que leva anos investigando e recuperando a memoria das historias invisibilizadas pola historia oficial.
O de hoxe foi un programa protagonizado por mulleres, empoderadas e exitosas, como é o caso de Lucía Jorge Meijide, profesional de Zen Espazo de Benestar da Estrada que vén de acadar o terceiro posto no Campionato de España de Masaxe. Falamos con ela para coñecer de primeira man como se desenvolveu ese campionato.
Como cada 15 días o espazo Eido Dixital da man de Estrada Dixital, debruzase sobre a nosa xanela para, desta volta, falarnos da aula CEMIT da Estrada e da formación que ofrece. Falamos de todo isto con Marga Rodríguez tesoureira da Fundación Cultural da Estrada.
E tivemos o noso derradeiro día da «Operación Cocido», alá foi o mes e sorteamos o derradeiro cocido xentileza da Taberna «O Quinteiro»
Se queres saber máis entra e dálle ao play. É de balde!!
