Hoxe comezamos a semana no É de mañá falando de Manuel García Barros xa que hoxe fai 150 anos do nacemento do mestre, escritor, xornalista e galegista estradense. Carlos Loureiro o seu biógrafo pasou polos nosos estudios para dar unha vista de ollos a toda unha vida comprometida coa Estrada e con Galicia.
Como cada 15 días debruzase sobre a xanela do É de mañá a nosa psicóloga de cabeceira, Verónica Barros. Hoxe trouxemos á tona unha cuestión delicada pero necesaria, puxemos o foco nos abusos sexuais a nenos aproveitando a celebración o día 18 deste mes do Día Mundial para previr a explotacion sexual e os abusos contra os nenos. Realidades que semellan afastadas de nós pero que están poi preto.
E por suposto entramos na terceira semana de sorteo dun saboroso cocido xentileza de Taberna «O Quinteiro» na nosa Operación Cocido.
Entra e dálle ao play. É de balde!
