RadioEstrada

13 de Novembro – Actualidade Mediodía

Actualidade Mediodía de Radio Estrada | Venres, 13 de novembro de 2026

Con Damián Cortés e Carmen Pombo.

A campaña electoral abre este informativo, coa mirada posta no 29N e no mitin do PP desta tarde no Teatro Principal, coa presenza de Alfonso Rueda e José Luis Martínez-Almeida.

Na información local, contamos a intervención de Emerxencias no incendio do motor dunha furgoneta na rúa San Antón, o reforzo da vixilancia policial no acceso traseiro do colexio Pérez Viondi tras o achado de xiringas e o esgotamento das citas do servizo móbil de DNI e pasaporte ata 2027.

Repasamos a axenda cultural e festiva: Lume na Lareira, a Festa do Outono de Couso, a Feira Cabalar de San Martiño en Guimarei e «Un Cómico na Aldea» en Berres. Tamén nos achegamos ao 83 aniversario do Centro Cultural do Partido da Estrada, en Bos Aires, e ás próximas citas musicais e literarias.

Na comarca, falamos das melloras de COGAMI en Medelo, das demandas educativas de Teo e do Trail Monte Acibal de Moraña.

Nos deportes, Rafa Vázquez ofrece a previa do fútbol e do fútbol sala da fin de semana, co desprazamento do CD Estradense a Somozas, onde xogará o domingo ás 17.00 horas.

Radio Estrada · 107.7 FM · radioestrada.gal


https://www.ivoox.com/13-novembro-actualidade-mediodia_mf_183779816_feed_1.mp3

Scroll al inicio