Esta edición de Actualidade Mediodía abre co inicio da campaña electoral para as eleccións xerais do vindeiro 29 de novembro. Á medianoite arranca oficialmente unha carreira de quince días na que os partidos presentarán as súas propostas e solicitarán o apoio da cidadanía.
Entre os asuntos máis destacados da xornada, informamos dos microcortes eléctricos rexistrados na Estrada, Cuntis e Moraña tras a caída dunha árbore sobre unha liña de alta tensión. Tamén abordamos os problemas na recollida do lixo que deixaron varias aldeas estradenses sen servizo durante un mes, a ampliación da rede de colectores marróns e o último día para presentar alegacións contra os parques eólicos Nesa Monte Arca Norte e Sur.
Além diso, falamos das obras de ampliación do parque infantil de Figueiroa, da satisfacción da comunidade educativa da escola infantil A Galiña Azul polo arquivo do proxecto da gasolineira da Baiuca e da valoración realizada polo BNG da Estrada sobre este asunto. No ámbito político, repasamos tamén os actos previstos polo PP da Estrada para o inicio da campaña electoral.
A axenda cultural leva hoxe ata o Teatro Principal, onde a compañía Yllana presenta o espectáculo «Madness».
Nas comarcas, atención á vaga de rodas rachadas que xa afecta a máis de setenta vehículos en Silleda, ás reclamacións de Moraña polos continuos microcortes eléctricos e ás denuncias das familias do colexio de Baño, en Valga, polo estado das instalacións. Ademais, Padrón busca recuperar o liderado nas votacións para acadar o recoñecemento como Pobo Máxico de Galicia.
No apartado deportivo, o Estrada Pádel xa se atopa en Barcelona para participar na Copa de España de ligas autonómicas, mentres que medio cento de atletas do Atletismo A Estrada competirán esta fin de semana no campionato zonal de campo a través de Lalín.
️ Toda a actualidade da Estrada e da súa comarca, desenvolvida neste informativo de Radio Estrada.
#RadioEstrada #AEstrada #Informativo #Eleccións #ActualidadeLocal #ComarcaDeTabeirós #Deportes #Cultura #Ivoox #Galicia
