Neste día de San Martiño arrancamos con Damián Cortés e a vista de ollos que lle dá ás novas máis destacadas da xornada.
Falamos con Rafael Quintía, antropólogo, quen nos deus chaves importantes para entender esta festividade tan senlleira da nosa terra, o San Martiño. Falamos de magostos, de vivos, de defuntos, da boa morte, do tránsito entre o outono e o inverno. Entendemos, en definitiva, que tradicións coma está, son as que nos colocan no mundo dunha maneira determinada.
Botamos áncora en Santiago de Compostela por que ata o 28 de novembro celebrase alí o Outono Codax. Falamos con Fran Villasenín responsable do festival e xerente da sala Capitol. Adiantou todo o que está por vir á volta da música soul e a música de raíz.
E sorteamos o noso segundo cocido do mes, xentileza de Taberna O Quinteiro. Mañá comezaremos outra nova semana de concurso e de participacións para o mércores que ven sortear o terceiro.
Se queres escoitar entra e dálle ao play. É de balde!!
