Hoxe martes 10 de novembro arrancamos estas dúas horas de radio con Damián Cortés quen nos achegou as novas máis destacadas da xornada.
A seguir Juan Ruibal deu unha vista de ollos sobre o Festival Lume na Lareira que se vai celebrar este sábado no Teatro Prinicpal da Estrada e animou aos máis rezagados a esgotar as derradeiras entradas que ficaban para poder gozar dun serán musical onde o acordeón será o protagonista. Tamén sorteamos unha entrada doble por xentileza da organización.
Na segunda hora do É de mañá no Fío Conductor de Kim Llovet falamos de saúde mental e da actividade que a Fundación SALMA vai desenvolver na Estrada promovendo unha rede de apoio comunitario. Falamos coa súa presidenta Ana González.
E coma non seguimos co concurso «Operación Cocido» que durante este mes de santos celebramos semana tras semana sorteando un saboroso cocido para dúas persoas, xentileza da Taberna «O Quinteiro».
Entra e dálle ao play. É de balde!!
