Estreamos semana, a semana do San Martiño e facémolo falando do traballo que se fai desde a Asociación Aupa Deza , unha asociación que pronto terá unha filial na Estrada chamada Aupa Deza-Tabeirós e que ten coma finalidade visibilizar, sobre de todo, a realidade das persoas con TEA, Transtorno do Espectro Autista, das súas familias asi como fomentar a formación á volta desta realidade. Con nós estiveron Javier Jar o seu vicepresidente, Amaya Ruibal e Sara para achegarnos as súas liñas de actuación e os retos que están por vir.
Hoxe estreamos sección con Elena Eirín a nosa farmaceutica que ven falar de saúde, prevención e benestar. Hoxe falamos de catarros e gripes. Son o mesmo?, hai que vacinarse? Podemos automedicarnos? Elena contestou a todas estas interrogantes e descubriunos cousas importantes para coidármonos un chisco mellor.
E por suposto o cocido tivo o seu protagonismo a través do concurso «Operación cocido», hoxe tivemos moitas chamadas pero mañán, haberá moitas máis xa que o mércores sorteamos o segundo cocido do mes.
Queres saber máis? Entra e dálle ao Play. É de balde!!
