RadioEstrada

É de mañá con Neves Rodríguez

Hoxe martes 3 de novembro repasamos as novas máis destacadas da xornada. Botamos áncora no concello veciño de Caldas de Reis e falamos co seu concelleiro de cultura, Manuel Fariña, por que a partir do 19 de novembro poderemos gozar en todo o seu esplendor da réplica do tesouro de Caldas que vai estar inserido na exposición «A terra do ouro branco. A ourivaría galaica na Europa do seu tempo» que se vai inaugurar o vindeiro 19 de novembro no Museo Centro Gaiás da cidade da cultura en Santiago de Compostela. Nesta conversa falamos tamén de cómo se descubriu o tesouro e de como se chegou a saber da sua existencia nas casas de quenes o descubriron. Toda unha historia.

Na sección «O Fío conductor» que todos os martes chega da man de Kim Llovet hoxe falamos de asociacionismo, de mulleres rurais e da creación da Federación Galega de Mulleres en Rede que ten na súa presidencia e vicepresidencia a dúas mulleres da Estrada: Anxos Pais e Pilar Riveiro respectivamente.

E tivemos unha nova entrega do «Gran Cocido» o concurso que durante todo o mes de novembro sorteará semanalmente un cocido no restaurante O Quinteiro por xentileza deste establecemento. Hoxe preguntabamos a quen sentarías ti á mesa nese cocido, queredes sabelo? Pois entrade e dádelle ao play. É de balde!


https://www.ivoox.com/e-mana-neves-rodriguez_mf_183198985_feed_1.mp3

Scroll al inicio