RadioEstrada

É de mañá con Neves Rodríguez

Hoxe luns 2 de novembro arrancamos a semana falando de sostibilidade. Botamos áncora no concello de Silleda para saber da man da súa alcaldesa, Paula Fernández, que significa para o concello ter renovado por terceiro ano consecutivo a bandeira verde que otorga a Xunta de Galicia aos concellos que traballan por un modelo de sostibilidade mediomabiental.

Démoslle tamén a benvida a Verónica Barros a nosa psicóloga de cabeceira que, quincenalmente, asomarase á xanela do É de mañá para falar de saúde mental. Neste primeiro encontro falamos de por qué temos tanta vertixe ou medo de pedir axuda a un psicólogo ou psicóloga cando detectamos que algo non encaixa na nosa vida a nivel vital.

E hoxe arrancamos un novo concurso que, durante todo o mes de novembro, e cada semana , terá coma premio a degustacion dun saboroso cocido no restaurante O Quinteiro. Queres participar? Pois é ben sinxelo: escoitar Radio Estrada, chamar por teléfono e contestar a unha pregunta ben sinxela. Se sigues estes pasos terás a oportunidade de acadar números e participar no sorteo que faremos todos os mércores.

Queres escoitar? saber máis? Pois entra e dálle ao play. É de balde!


https://www.ivoox.com/e-mana-neves-rodriguez_mf_183145795_feed_1.mp3

Scroll al inicio