Hoxe mércores 28 de outubro falamos de teatro con Marián Bañobre directora da nova proposta teatral de REDRUM Teatro, Caídas, que pon no foco o Patronato de Protección de la mujer institución franquista que funcionou desde o 1941 ata o 1985, en plena democracia.
Volvemos abrir a xanela de «Eido Dixital» a sección quincenal onde os e as compañeiras de Estrada Dixital aconséllanos e poñen a ollada nas cuestións dixitais que afectan á nosa vida. Hoxe falamos de estafas por guasap.
E Alfredo González presidente da ACOE falou con nós para adiantar todo o que teñen preparado, desde a asociación de comerciantes, para, este venres e sábado, celebrar o Samaín. Tunel do terror, desfile terrorífico e a Haima fedorenta agardan por todos e todas nós nestes dous dias onde os sustos serán a tónica xeral. O unico que hai que facer? Comprar nos comercios asociados.
Se queres saber máis pasa e dálle ao play. É de balde!
