A Estrada e Rianxo selan hoxe oficialmente o seu irmandamento arredor das figuras de Castelao e Virxinia Pereira, reforzando os vínculos históricos, culturais e emocionais que unen ambos municipios. Un acto cargado de simbolismo que mira ao futuro desde a memoria compartida.
Neste informativo tamén falamos da adxudicación, por parte da Deputación, das obras de mellora da estrada entre o Alto da Cruz e Santeles, das últimas horas para presentar alegacións á liña de alta tensión A Estrada-Paizás e da aprobación dos cambios estatutarios que permitirán a incorporación da Estrada, Dozón e Forcarei á Mancomunidade de Deza.
Ademais, repasamos os acordos da Xunta de Goberno Local, as actividades de prevención da dependencia que se desenvolverán no concello, o proceso para a praza de auxiliar administrativo municipal e as reaccións veciñais e políticas ao proxecto da gasolineira da Baiuca, próxima á Escola Infantil A Galiña Azul.
Nas comarcas, achegámonos ao incendio forestal de San Miguel de Presqueiras, en Forcarei, que afectou 34 hectáreas, así como ós investimentos anunciados pola Xunta en Silleda e pola Deputación para a instalación de desfibriladores nos concellos da provincia.
No deporte, análise completa da xornada con Rafa Vázquez, coa derrota do CD Estradense ante a SD Silva, a primeira vitoria ligueira do Sporting Estrada e o triunfo do Inversia Seguros no fútbol sala, ademais de todos os resultados e protagonistas da fin de semana deportiva.
