Rock and Roll, metal, jazz, blues, soul…, músicas da nosa terra e do resto do mundo, grupos locais, datas de concertos, conversas, falamos de lingua e de cine, escoitamos músicas e grupos inolvidables, coñecemos propostas das persoas máis novas, desfrutamos de recomendacións lectoras, …todo isto e moito máis, cada tarde, no programa, Ensaiar é de Covardes. Na sección de Pedro, coñecemos detalles da película, «Coyote Vs. Acme» e das series: «Bienvenidos al club» e «Mis muertos tristes». Selección de Barri: Paul McCartney, Pink Floyd, Van Halen e Aerosmith.
