RadioEstrada

Informativos Radio Estrada

Na edición de hoxe abordamos as reunións convocadas no Foxo e Guimarei para analizar o impacto da futura liña eléctrica de Alta Tensión A Estrada-Paizás. Ademais, coñecemos o chamamento da asociación Arela para atopar familias da Estrada dispostas a acoller temporalmente adolescentes por resolución xudicial.

Falamos tamén con Mar Blanco, tras coñecerse que Móvete non se presentará ás eleccións municipais de 2027, e repasamos o inicio da campaña de vacinación contra a gripe e a covid, con novas datas para os diferentes colectivos.

No ámbito cultural, achegámonos á apertura dunha nova edición de Estrada Escena Outono, que comeza este sábado no Teatro Principal coa representación de Foise no vento.

Nas comarcas:

Falecemento do escultor cuntiense Maxín Picallo Durán, referente da escultura figurativa galega.
Convocatoria do comité de seguimento do transporte dos Tilos en Teo.
Problemas de abastecemento pola seca en Soutelo e Vila de Cruces.
Recollida gratuíta de mobles e residuos voluminosos en Dozón.

⚽ Nos deportes:

O MOME acolle esta tarde o proxecto Adestrar sen pantallas, gañar en saúde para fomentar hábitos saudables entre a mocidade.
Dobre medalla de bronce para Iziar Barcala, do Club Bádminton A Estrada, no Máster Absoluto de Estella.


https://www.ivoox.com/informativos-radio-estrada_mf_181348594_feed_1.mp3

Scroll al inicio