RadioEstrada

Informativos Radio Estrada

Hoxe abrimos coa destacada presenza de Sidra Camino, de A Estrada, que vén de acadar a distinción Premium no Salón Internacional de Sidras de Xixón. Ademais, abordamos a decisión de Móvete de non presentarse ás eleccións municipais de 2027.

Falamos tamén das restricións de estacionamento na parte alta da rúa Irida por reparacións eléctricas, do corte diúrno da estrada entre Vilacriste e Couso debido ás obras da AG-59 e das reunións informativas convocadas en O Foxo, Guimarei e Ouzande sobre o trazado da futura liña de alta tensión.

Achegámonos igualmente ás iniciativas municipais dirixidas ás persoas participantes no proceso de regularización extraordinaria, á apertura do prazo para as actividades de prevención da dependencia e á presentación da andaina solidaria que dará a coñecer a variante da Vía da Prata ao seu paso por Arnois.

Nas comarcas, informamos dos dous accidentes de motocicleta rexistrados en Cerdedo-Cotobade, con resultado dun falecido e tres feridos, dos traballos de conservación na estrada entre Cuntis e A Estrada, da perda definitiva dunha subvención de máis de 305.000 euros en Forcarei e da celebración dos 500 anos de Penelas, en Teo, coa primeira Festa das Mouras.

No deporte destacamos a brillante actuación das atletas estradenses Paula Pena e Ángela Trigo no Campionato de España por Comunidades e analizamos a derrota da SD Estradense por 2-0 fronte ao Céltiga.

Completamos o espazo deportivo coa información de Rafa Vázquez, que nos trae todos os resultados da xornada e a previa do fútbol e do fútbol sala para esta fin de semana.


https://www.ivoox.com/informativos-radio-estrada_mf_181293260_feed_1.mp3

Scroll al inicio