RadioEstrada

Informativos Radio Estrada

A actualidade deste Luns chega marcada polo peche da 38ª Feira do Moble, unha edición que reforza unha vez máis o papel da Estrada como referente galego do sector.
Os veciños das parroquias afectadas pola liña de alta tensión teñen esta tarde dúas reunións informativas en Cereixo e Loimil.
O PSOE da Estrada confirma que Luis López Bueno repetirá como candidato á alcaldía.
Un profesor que pasou polo IES Manuel García Barros foi premiado pola Policía por rescatar unha bañista en Samil.
A sala Abanca acolle desde hoxe a exposición “NU”, de Miguel Baliño.

En comarcas
Hoxe cúmprense 13 anos da morte de Asunta Basterra, mentres o seu pai agarda por un permiso de saída.

Extinto o incendio forestal de Oleiros, en Silleda, tras afectar 67 hectáreas.

Silleda pide á Xunta que garanta o control ambiental do vertedoiro de Campomarzo.

O BNG reclama máis persoal sanitario en Deza e Tabeirós tras a condena ao Sergas pola morte dun paciente na Estrada.

O circuíto da Madalena, en Forcarei, acolleu a gravación dunha campaña de Hyundai con Siloé.

En deportes
O CD Estradense gañou 3‑1 ao Montañeros, mentres o Sporting Estrada caeu 4‑0 fronte ao San Martín CF.
O compañeiro Rafa Vázquez traerá todos os resultados do fútbol e do fútbol sala da fin de semana.

Javier Ramilo “Kobas” gaña o IX Rallymix Cuntis Vila Termal, por diante de Manuel Osorio e José Miguel Martínez “Bamarti”.

Pleno de vitorias para o equipo masculino do Recreo Cultural na fase de grupos da Terceira División.


https://www.ivoox.com/informativos-radio-estrada_mf_180927410_feed_1.mp3

Scroll al inicio