A actualidade deste xoves chega marcada pola inauguración da 38ª Feira do Moble de Galicia, que esta mañá abriu as súas portas da man de Pablo Fernández, acompañado pola directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez.
Tamén coñecemos que Tequexetéldere levará o folclore galego ao Día de Estremadura en Leganés, nunha nova mostra da proxección cultural da Estrada.
Guimarei acolle hoxe o monólogo “Marcho que teño que marchar” dentro da súa Semana Cultural.
Este venres, Rosa de Cabanas presentará en Ouzande “12 Mulleres sen Rostro”, unha obra centrada na memoria e na reivindicación feminina.
Tamén este venres terá lugar a xornada de Portas Abertas da Escola da Banda Municipal, unha oportunidade para achegarse á formación musical local.
En comarcas
Silleda convoca este venres aos veciños afectados pola liña de alta tensión A Estrada‑Paizás.
Galicia Ambiental retira a herba da pampa en Lalín e Silleda para frear a súa expansión.
Cerdedo‑Cotobade achega formación universitaria ás persoas maiores con dous seminarios.
AMEs avisa de cortes de tráfico este domingo en Bertamiráns polo Campionato do Mundo de 100 quilómetros.
En deportes
A Estrada inaugurará este sábado a reforma do Manuel Regueiro, o campo de fútbol con máis actividade do municipio.
Hoxe, o compañeiro Rafa Vázquez traerá toda a previa do fútbol e fútbol sala para esta fin de semana, coa atención posta no encontro:
C.D. Estradense – Atl. Montañeros CF (D‑19:00)
E tamén esta fin de semana celebrarase o 9º Rallymix de Cuntis, que reunirá 97 equipos e que retransmitiremos en directo desde Radio Estrada.
