A actualidade deste Luns chega marcada por dous accidentes múltiples durante a fin de semana: un en Cuntis, con catro vehículos implicados, e outro en Matalobos, con cinco.
O Sergas terá que indemnizar con preto de 300.000 euros á familia dun paciente falecido no PAC da Estrada.
A Fiscalía pide oito anos de cárcere para un estradense e seis e medio para a súa parella por tráfico de drogas; o xuízo celebrarase este xoves.
Veciños da rúa Gradín reclaman máis seguridade e unha reordenación do tráfico.
A Policía Local acordoou a ponte e a fonte da Carballeira polo seu mal estado.
O programa Adestra Emprego Rural volve á Estrada con novas oportunidades laborais para mulleres en desemprego.
O BNG propón elaborar un plan municipal contra a seca e reclama medidas para garantir o abastecemento, ao tempo que pide soterrar a liña de alta tensión nos tramos próximos ás vivendas.
Cinco colectivos estradenses incorporan novas actividades formativas do programa +Xuntas entre o martes e o xoves, con propostas de pilates, ioga, musicoterapia, conservación de alimentos e plantas medicinais.
En comarcas
A Deputación destina 125.000 euros a promover actividades de lecer inclusivo para persoas con discapacidade.
Cuntis abre as axudas para material escolar destinadas a familias con dificultades económicas.
En deportes
O Estradense estrea o seu casilleiro de puntos cun empate en Arteixo, e o Inversia A Estrada Futsal inicia a liga cunha vitoria.
O compañeiro Rafa Vázquez traeranos todos os resultados da fin de semana.
