RadioEstrada

Informativos Radio Estrada

A actualidade deste xoves chega marcada porque a avaría no abastecemento de auga do polígono de Toedo quedou reparada na tarde de onte.
O Concello da Estrada contrata unha empresa especializada para preparar as alegacións á nova liña de alta tensión A Estrada‑Paizás, un proceso no que asociacións e veciños poden presentar reclamacións de xeito gratuíto.
O Pazo de Oca pecha a tempada alta con 3.411 visitantes no Punto de Información Turística.
Tamén coñecemos que o Concello mellora o campo de fútbol de Nogueira con novos accesos e unha grada.
Desde hoxe regresa á vila The Burguer Top coa súa oferta de hamburguesas.
A Estrada acolle esta tarde a entrega do V Premio Simbad de literatura infantil e xuvenil.
AGADEA chama á participación na IX Andaina Teatralizada Os Camiños da Memoria.
ACOE celebra esta tarde na Praza da Farola a súa Minifeira da Volta ao Cole, coa presenza do director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén.
E as antigas alumnas do 64 do Inmaculada Concepción reúnense mañá para revivir os seus anos de instituto.

En comarcas
Accidente na recta de Piloño con dúas mulleres feridas.

A Asociación de Gandeiros Elas Eles alerta do paradoxo entre Europa e España na regulación ambiental das granxas de vacún.

“A luz de quedar”, de Francisco Javier Vázquez Losada, gaña o XI Concurso Balbino de Relatos.

En deportes
Esta noite preséntase o 9º RallyMix Cuntis Vila Termal.


https://www.ivoox.com/informativos-radio-estrada_mf_180365567_feed_1.mp3

Scroll al inicio