A actualidade deste luns abre cun motorista ferido en Curantes tras saírse da vía. Tamén lembramos o incendio rexistrado o sábado en Souto.
No ámbito xudicial, o Tribunal de Instancia da Estrada dita unha sentenza que anula un crédito persoal e o uso de tarxetas por abusos contractuais.
A Torre de Guimarei volve á palestra no pleno municipal, mentres as piscinas municipais pechan a tempada con preto de 10.000 accesos.
A praia fluvial de Liñares será reformada cun investimento de 1,5 millóns e a Estrada prevé máis de 2.100 matriculacións para o curso 2026/27.
A Xunta de Goberno aborda hoxe as subvencións aos grupos políticos e xa está dispoñible a lista do sorteo para o Tribunal do Xurado.
Esta tarde, os nenos saharauís que estiveron este verán na Estrada regresan ós seus campamentos.
En comarcas
Incendio na subestación de Tivo: un transformador arde por completo.
Escuadro estrea o primeiro centro dinamizador de Silleda.
Forcarei renovará o alumeado público con tecnoloxía LED en sete núcleos.
En deportes
A liga arrinca con derrotas para o CD Estradense e para o Sporting Estrada. O compañeiro Rafa Vázquez traerá todos os resultados dos equipos da contorna.
Hoxe, ás 21:00, festa de presentación do CD Estradense na Praza de Galicia.
