RadioEstrada

Entre instrumentos e cachopos. Galería de Verán do 27 de Agosto.

Galería de Verán | Compostaxe, música entre ferramentas e sabor a cachopo

Na Galería de Verán de Radio Estrada deste xoves 27 de agosto tivemos unha mañá chea de conversas e temas ben diferentes.

Comezamos repasando a actualidade coa Revista de Prensa de Carmen Pombo e achegámonos ata Teo para conversar coa súa alcaldesa, Lucía Calvo de La Uz, sobre a campaña “Ti tes a Chave”, unha iniciativa para fomentar a correcta separación dos residuos orgánicos e avanzar na compostaxe e nunha xestión máis sostible do lixo.

Na segunda hora coñecemos a curiosa profesión de Iván Arjones, músico, trompetista e especialista na reparación de instrumentos de vento. Falamos das avarías e accidentes máis habituais que chegan ao seu taller e tamén do seu podcast “Entre músicos y herramientas”, polo que están pasando destacados músicos galegos e do panorama español.

E da música pasamos á gastronomía. Conversamos co chef asturiano Tinín Rodríguez con motivo das Xornadas Gastronómicas do Cachopo, que se celebran os días 28 e 29 de agosto en Val Fresco Suites & Relax. Descubrimos os segredos dun bo cachopo e coñecemos a proposta preparada para estas xornadas.

Como cada día, pechamos o programa coa participación dos nosos oíntes e co concurso de Wild Burguer, sorteando unha hamburguesa.

️ Galería de Verán de Radio Estrada — 107.7 FM


https://www.ivoox.com/entre-instrumentos-e-cachopos-galeria-veran-do_mf_179604697_feed_1.mp3

Scroll al inicio