A Galería de Verán | Mércores 26 de agosto
Hoxe volvemos percorrer Galicia e a nosa contorna nunha Galería de Verán chea de festas, curiosidades e propostas para facer comunidade.
Achegámonos ata A Lanzada para falar con Ernesto Méndez, da comisión de festas, e coñecer como se prepara unha das romarías máis tradicionais e populares destes últimos días de agosto.
Despois paramos en Cuntis, onde Martín, de MF Barber Studio, nos explicou que é iso de farmear aura e en que vai consistir a súa particular Batalla de Aura, unha competición na que o estilo, o carisma e a interpretación serán protagonistas e na que o público terá a última palabra.
Na segunda hora viaxamos ata Teo para falar de compostaxe e residuos orgánicos, coñecer a campaña Ti tes a chave e descubrir como podemos aproveitar mellor os restos que xeramos cada día nas nosas casas.
E, por suposto, non faltou a música, a participación dos oíntes e o concurso de MR Pizza e Wild Burguer. Hoxe tocaba… pizza!
Dúas horas de radio de proximidade, historias e voces da nosa contorna na Galería de Verán de Radio Estrada 107.7 FM.
