RadioEstrada

Entre empanadas, murais e romarías. A Galería de Verán

A Galería de Verán | Luns 24 de agosto de 2026

Hoxe en A Galería de Verán compartimos unha nova mañá de radio, música e compañía desde Radio Estrada 107.7 FM.

Repasamos a actualidade da Estrada e da comarca, detivémonos nas efemérides e curiosidades deste 24 de agosto e abrimos os micrófonos á participación dos nosos oíntes, todo acompañado dunha selección musical con sabor a verán.

Na segunda hora achegámonos a unha das citas tradicionais destes últimos días de agosto: a Romaría da Virxe dos Milagres de Requián. Conversamos con Laura Bodaño, da comisión de festas, para coñecer como se estaban vivindo os preparativos, o traballo que hai detrás da organización e o programa previsto para estes días.

Tamén tivemos tempo para a nosa axenda, propostas para gozar do verán e outras historias e curiosidades da nosa contorna.

Radio Estrada · 107.7 FM


https://www.ivoox.com/entre-empanadas-murais-e-romarias-a-galeria-de_mf_179402370_feed_1.mp3

Scroll al inicio