Neste episodio de A Galería de Verán, o magazine estival de Radio Estrada (107.7 FM), falamos co alcalde estradense, Gonzalo Louzao, de varios temas de actualidade: a reforma da Praza da Inmaculada, a mellora do Centro de Saúde de Oca, o comezo da nova fase de asfaltados de vías municipais, da traída da auga para Tabeirós e Nigoi e do eclipse solar do vindeiro mércores. Conversamos co investigador e divulgador do patrimonio musical, Rubén Troitiño, a páxina da súa creación, «Músicas da Terra de Montes», é candidata ós Premios Rebulir da Cultura Galega. Para rematar, coñecemos detalles da nova asociación veciñal e parroquial «As 23 Aldeas», formada na parroquia de Codeseda, dialogamos co seu presidente, José Miguel Porta.
