Radio Estrada volveu vivir desde dentro a XXX Subida á Estrada. Na xornada do domingo trasladamos novamente os nosos micrófonos ata a mesma saída da proba para contar en directo todo o que acontecía na xornada definitiva da competición.
Foron máis de tres horas de radio en directo, seguindo as mangas, os tempos, a evolución da clasificación e, sobre todo, achegando aos oíntes o ambiente e as voces dos protagonistas dunha das grandes citas do automobilismo galego.
Damián Cortés, Luis Mato e Alberto Pérez encargáronse da narración, a análise e as entrevistas ao longo de toda a retransmisión.
🎙️ ENTREVISTAS | MARCAS DE TEMPO
⏱️ 07:55 – Jacobo Senín
Falamos co líder da clasificación xeral antes de afrontar a xornada decisiva.
⏱️ 1:15:00 – Francisco Javier Álvarez
⏱️ 2:07:00 – Gonzalo Louzao
Entrevista co alcalde da Estrada durante a celebración da XXX edición da proba.
⏱️ 2:46:00 – Nacho Cerrato
Un dos protagonistas cos que compartimos o tramo final da nosa retransmisión.
⏱️ 2:46:00 – Pisco Ventín
🏁 Máis de tres horas en directo desde a propia saída da XXX Subida á Estrada, coa competición acontecendo a poucos metros dos nosos micrófonos.
Se non puideches acompañarnos en directo, recupera agora o programa e revive a xornada do domingo coa narración, a análise, os tempos e os protagonistas da XXX Subida á Estrada.
🎧 Escoita o programa completo en ivoox
