Neste episodio de A Galería de Verán, o magazine estival de Radio Estrada (107.7 FM), falamos con Carlos da Barreira, xunto con José Manuel Almeida e con Gaetano Pucca asinan a nova guía oficial do Camiño da Geira e dos Arrieiros, preséntase na localidade portuguesa de Santiago de Caldelas. Toño Tallón, fálanos da nova edición da Festa da Convivencia na capela de Santo Amaro en Meavía, Forcarei. Conversamos con Mari Luz, veciña e colaboradora na Festa do Escalo en Couso, detállanos a 48ª edición do festexo. Hoxe terá lugar na vila a campaña de verán, «Un alento de vida», que desenvolve a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), explícanos o proxecto, Liliana, colaboradora da campaña.
