RadioEstrada

Informativos Radio Estrada

A actualidade deste martes chega cun recordatorio importante do Concello: este xoves remata o prazo para solicitar as axudas ao saneamento no rural, con fondos aínda dispoñibles. Tamén lles contamos como quedou a Fervenza de Callobre tras a rehabilitación realizada polo Obradoiro de Emprego, que converte este espazo nun lugar máis seguro para as visitas.

A comisión informativa abordará este xoves a proposta de fixar os festivos locais de 2027 nos días 24 e 25 de xuño. Falamos tamén do Campamento do Mar, que recibiu preto dun cento de solicitudes para só 52 prazas e que publica hoxe a listaxe de admitidos. E miramos cara a Francia, porque Tequexetéldere parte mañá rumbo ao Festival Intercéltico de Lorient, onde tamén estará presente a ilustradora estradense Rosa de Cabanas cunha mostra de quince das súas obras.

En comarcas
En Silleda, adxudícanse as obras do saneamento de Maceira Boa, cun investimento superior aos 142.000 euros. En Forcarei, o Concello saca a licitación a mellora de viarios rurais nas parroquias de Alende e Muras, cun orzamento de preto de 107.000 euros. E en Valga, o Concello recorrerá a sentenza do TSXG que lle nega o cobro do IBI da AP‑9, acusando a Audasa de beneficiarse dun trato fiscal inxusto.

En deportes
O Estradense abrirá a liga na casa fronte á Sarriana o 6 de setembro e pechará tamén no Novo Municipal o 9 de maio, fronte ao Antela.


https://www.ivoox.com/informativos-radio-estrada_mf_178006471_feed_1.mp3

Scroll al inicio