RadioEstrada

Así naceu «Afouteza», o coche de competición construído desde cero nun garaxe.

Ás veces escoitamos iso de que hai soños que parecen imposibles… pero tamén hai persoas que deciden intentalo igualmente.

O noso seguinte convidado é un bo exemplo diso. Hai uns anos fixo unha pregunta que seguramente moitos nos fariamos: «E se construísemos un coche de competición desde cero?»

Non era enxeñeiro do automóbil, non tiña un gran taller nin unha fábrica detrás. Tiña ilusión, moitas horas de aprendizaxe, dous compañeiros de aventura e un garaxe.

Seis anos despois, aquel proxecto que comezou con «tres ferros no chan», como el mesmo di, converteuse nun prototipo completamente funcional, bautizado cun nome moi galego: Afouteza Proto.

Detrás desta historia está Nacho Cerrato, vallisoletano, moi vencellado á Estrada por razóns familiares, e hoxe témolo con nós para coñecer como naceu esta aventura que, se todo vai segundo o previsto, debutará na Subida á Estrada os días 1 e 2 de agosto.

🎧 Escoita aquí a entrevista completa con Nacho Cerrato: Ivoox

Scroll al inicio