RadioEstrada

Informativos Radio Estrada

Neste informativo abrimos cun tema que volve estar tristemente de actualidade: os incendios forestais. A chegada do verán lembra a importancia da prevención e da rapidez á hora de avisar dun posible lume. Por iso falamos de Alume, a aplicación impulsada pola Xunta de Galicia que permite comunicar de inmediato a detección dun incendio, enviar a localización exacta e achegar fotografías para facilitar o traballo dos servizos de emerxencias. Unha ferramenta gratuíta que conecta directamente co 085 e que pode marcar a diferenza entre un pequeno foco e un gran incendio.

Ademais, repasamos os titulares máis destacados da xornada, entre eles:

A Fiscalía pide máis de 18 anos de cárcere para un veciño da Estrada por tráfico continuado de cocaína.

A Estrada contará cunha alfombra floral de 300 metros nas festas de San Paio.

Ábrese o prazo para solicitar o Campamento do Mar na Illa de Ons.

O PSOE apoiará a adxudicación do préstamo municipal para garantir pagos e fondos europeos.

Iria Collazo López recibe o Premio García Barros no Teatro Principal.

Máis de 120 alumnos participan no concerto de fin de curso do Conservatorio.

En comarcas, falamos dos investimentos da Deputación e do Concello de Lalín, da xuntanza das persoas maiores en Vila de Cruces, dun novo embaixador para o Belén Artesanal en Movemento de Valga e das peticións do BNG sobre o IBI ás comunidades de montes.

En deportes, o Sporting Estrada reforza a portería coa incorporación de Luis López Bueno para a tempada 2026/27.


https://www.ivoox.com/informativos-radio-estrada_mf_175637456_feed_1.mp3

Scroll al inicio