Hoxe martes 16 de xuño falamos das consecuencias de traballar de noite na nosa saúde mental con Verónica Barros.
Abrimos a xanela do noso Eido Dixital, como cada quince días, para falar hoxe da pegada dixital, como coidala, que cousas debemos e non debemos facer.
Elena Eirín, farmaceútica, achegouse canda nós para darnos unhas pautas para coidar a nosa pel, como debemos protexernos, o uso das cremas así coma desmontar mitos.
E puxemos o ramo a esta mañá con Monti Castiñeiras, actor, que nos veu adiantar un chisco sobre a súa próxima estrea en Antena 3 así como descifrar o divino e o humano.
Se queres saber máis entra e dálle ao play. É de balde!!
