RadioEstrada

Informativos Radio Estrada

O incendio de Herbón e Carcacía marcou a actualidade dos últimos días, converténdose nun dos asuntos que máis preocupación xerou na comarca. A súa evolución favorable permitiu rebaixar o nivel de emerxencia, pero tamén puxo de manifesto a importancia da información local e da comunicación de proximidade. A enorme resposta da audiencia nas nosas canles —con máis de 120.000 visualizacións en Instagram— reforza o noso compromiso de seguir informando con rigor e responsabilidade.

Neste informativo repasamos os asuntos máis destacados da xornada:

O incendio de Herbón baixa a nivel 0 ao desaparecer o risco para a poboación.

A Deputación destina 1,2 millóns de euros á Estrada para melloras viarias, un párking de camións e a reforma do Novo Municipal.

O Concello reforza o control da rede de abastecemento con novos contadores en puntos estratéxicos.

Intensificación das rozas no casco urbano e no rural, con previsión de actuar nos 2.000 km de pistas asfaltadas.

Augas de Galicia intervirá en máis de 800 metros do río Vieites ao seu paso por Arnois.

Última semana para solicitar permisos municipais para os Lumeiros de San Xoán.

O estradense Juan Ruibal, á fronte da primeira Federación Española de Acordeonistas.

Galicia abre o prazo para solicitar unha das máis de 50.000 prazas de FP do curso 2026-2027.

En Comarcas:

Un incendio calcina case seis hectáreas en Campo Lameiro.

Condenado un traballador do Concello de Padrón por acoso sexual a unha compañeira.

En Deportes:

A Escola Estrada Fútbol Base xogará a permanencia na última xornada tras empatar co Victoria B.

O Tenis Recreo Cultural cae na final do Campionato Galego fronte ao CD Sanxenxo e ao Club Tenis Coruña.


https://www.ivoox.com/informativos-radio-estrada_mf_175572337_feed_1.mp3

Scroll al inicio