RadioEstrada

É de mañá con Neves Rodríguez

Hoxe luns 15 de xuño fomos á orixe da nosa sección de consumo xa que falamos sobre a labor do Instituto Galego de Consumo coa súa directora técnica.

Falamos con Ismael Pena concelleiro de deportes do Concello da Estrada quen nos adiantou como van os preparativos e as inscricións da XIII Edición da Estranoite que se vai celebrar o sábado 20 de Xuño.

Falamos con Charo Barca presidenta da Fundación Andrea da intervención que fixeron na zona pediátrica do centro de saúde da Estrada, tamen nos falou do seu vencello co noso concello e do traballo da Fundación.

Pechamos a mañá falando con Tono Xesteira presidente do Club de Montaña Xesteiras. Falamos de rutas, de participación feminina, de competicións pero sobre todo de comunidade, de interxeracionalidade e de amor a este deporte.

Se queres saber máis entra e dálle ao play… É de balde!!


https://www.ivoox.com/e-mana-neves-rodriguez_mf_175567417_feed_1.mp3

Scroll al inicio