RadioEstrada

Alejandro Expósito, “Posi». Adestrador do Arteixo en Radio Estrada.

O Atlético Arteixo chega con vantaxe mínima á volta das semifinais da promoción de ascenso á Segunda RFEF. O conxunto coruñés defenderá este sábado o 0-1 conseguido na ida ante o Estradense, nun duelo no que os estradenses estarán obrigados a gañar para seguir vivos na pelexa polo ascenso.

Esta mañá en Radio Estrada, falamos co adestrador do Arteixo, Alejandro Expósito, máis coñecido como “Posi”. Unha conversa coa nosa compañeira Carmen Pombo, na que analiza o partido da ida, o potencial ofensivo do Estradense e esas numerosas ocasións de gol que deixaron distintas lecturas segundo o punto de vista co que se analicen.

🎙️ Escoita aquí a entrevista completa con “Posi”, adestrador do Arteixo. ⚽📻

Scroll al inicio