RadioEstrada

Informativos Radio Estrada

No informativo de hoxe repasamos a actualidade da Estrada, Deza e Tabeirós cunha selección das novas máis destacadas da xornada.

Abrimos coa decisión da Deputación de Pontevedra, que concede 2 millóns de euros ao Concello da Estrada para cubrir a metade da achega municipal necesaria para completar os fondos europeos destinados a novos proxectos locais. Ademais, desde onte a vila recibe a visita de 16 touroperadores internacionais nun FAM Trip que busca reforzar a promoción turística do municipio.

No ámbito cultural, avanzamos que a Banda de Gaitas de Barbude celebrará o seu festival o domingo 31 na carpa do Concello, e lembramos que este domingo 24 terá lugar o II Festival de Bandas, cunha homenaxe especial ao compositor Rogelio Groba.

Na sección de comarcas, informamos da concesión de máis de 19.000 euros da Xunta para plans de prevención de incendios en concellos de Deza e Tabeirós. Tamén destacamos que a Fundación Neira Vilas entregará este domingo en Gres o Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia, e que o BNG leva ao Parlamento a situación da actuación no Mosteiro de San Pedro de Vilanova de Dozón.

Peche deportivo con unha semana decisiva para o CD Estradense e tamén para o Atlético Arteixo. Escoitaremos a conversa que mantivo esta mañá a nosa compañeira Carmen Pombo co adestrador Alejandro Expósito Ferreiro, Posi, unha entrevista que non deixará indiferente á afección rojilla.


https://www.ivoox.com/informativos-radio-estrada_mf_174081831_feed_1.mp3

Scroll al inicio