RadioEstrada

É de mañá con Neves Rodríguez

Hoxe mércores 20 de maio no Está Falado! con Lois Alcaide démoslle voltas á lingua traendo á tona a fonética do galego, a súa musicalidade e os trazos que lle dan identidade ao galego.
Falamos con Candela Vilas secretaria da Banda de Música Municipal da Estrada, organizadores do II Festival de Bandas de Música que se vai celebrar o vindeiro domingo 24 de maio a partir das 18:00 na Praza do Concello. E tame´n falamos coa súa mestra de cerimonias a actriz Beatriz Serén.

No noso espazo semanal «Voces en Lila» falamos con Alex Sánchez, educador físico que traballa con persoas de máis de 60 anos, sobre de todo mulleres, na recuperación das súas fortalezas físicas e mentais, e todo desde unha perspectiva igualitaria.

E botamos áncora en Santiago de Compostela por que esta fin de semana celebran o emblemático Banquete de Conxo, que que é? Explicounolo moi ben a Concelleira María Rozas, tamén convidou a todos e a todas a caracterizarnos e mergullarnos no século XIX para vivir e gozar deste Banquete que tanto significa para a nosa identidade como galegos e galegas, un banquete ao que acudiu no seu día a mesmísima Rosalía de Castro.

Se queres saber máis entra e dálle ao play. É de balde!!


https://www.ivoox.com/e-mana-neves-rodriguez_mf_174080357_feed_1.mp3

Scroll al inicio